«Il presunto Livro das cantigas di Don Pedro de Portugal, Conde de Barcelos»


Autor Marcenaro, Simone

Título Il presunto Livro das cantigas di Don Pedro de Portugal, Conde de Barcelos

Otros autores E. Corral Díaz - E. Fidalgo Francisco - P. Lorenzo Gradín

Título revista/libro Cantares de amigos. Estudos en homenaxe a Mercedes Brea

Ciudad Santiago de Compostela

Editorial Universidade de Santiago de Compostela

Año 2016

Páginas 579-587


Resumen
Analiza a posibilidade, comunmente admitida pola crítica, dende Carolina Michaëlis a Tavani, de que o antígrafo dos cancioneiros B e V é o Livro das cantigas que Afonso XI de Castela lle legou ao conde de Barcelos. O autor parte da colocación de En un tiempo cogi flores, do propio Afonso XI, na sección cancioneiril que se coñece como Cancioneiro de reis e magnates, na que así mesmo figuran pezas do conde portugués. Segue coa análise das rúbricas que acompañan as cantigas de Don Pedro e doutros trobadores contemporáneos a el e que se caracterizan pola información que proporcionan sobre as circunstancias de composición e porque van transcritas a continuación do texto lírico. Porén, tanto a ubicación desordenada das cantigas de Don Pedro e dos autores do seu círculo -como Estevan da Guarda, Men Rodriguez de Briteiros o Johan de Gaia-, como a heteroxeneidade que reflicten as rúbricas, demostraría que as súas producións se integraron nos cancioneiros de xeito serodio e cando xa estaba conformado o antecedente común dos dous apógrafos italianos

Loading