«Due motivi orientali della lirica romanza»
Autor Mansur Basiri, Iman
Título Due motivi orientali della lirica romanza
Título revista/libro Parola del Testo
Año 2011
Fascículo 1-2
Páginas 17-24
Resumen
A poesía siciliana da corte de Federico II e a persa da escola khorasánica da corte sasánida desenvólvense en situacións semellantes e, a pesar de que as dúas escolas poéticas presentan diferenzas notables nalgúns aspectos, é posible atopar certos motivos compartidos, que chegan a Europa grazas á expansión do Califato. Neste traballo examínanse o do medo aos maldicentes e o da bolboreta que se arrima ao lume. O primeiro motivo procede da literatura árabe e atópase tanto na poesía persa como na siciliana. O segundo, en cambio, xorde na poesía persa, de alí pasa á tradición árabe e siciliana e encóntrase, máis adiante, tanto nos stilnovistas italianos como nos persas (neoteroi da escuela iraquí). O motivo da bolboreta tamén está presente nos bestiarios medievais, pero non se acha nas fontes clásicas destes textos. Posiblemente o motivo chegou a Provenza a través dos poetas bilingües perso-árabes (dado que non o empregan os poetas árabes) como Hallağ e Rudaki (séculos IX e X). O primeiro trobador que utiliza este motivo é Folquet de Marsella e os poetas sicilianos parecen tomalo da poesía provenzal
![]()
