«La Virgen de la Leche de Santa María de Conxo»
Autor Manso Porto, Carmen
Título La Virgen de la Leche de Santa María de Conxo
Título revista/libro Anuario Brigantino
Año 2021
Volumen 44
Páginas 101-149
Resumen
Estudo histórico, artístico e iconográfico da escultura da Virxe da Leite encontrada en 2020 no curso do río Sar (Santiago de Compostela) e pertencente ao mosteiro benedictino de Santa María de Conxo. Considerase que saíu dun obradoiro de escultura gótica na segunda metade do século XIV e reconóceselle un estilo orensán. A autora realiza un percorrido polas primeiras representacións artísticas da Virxe da Leite, o culto ás reliquias relacionadas coa leite, e fai referencia aos milagres que inclúen o motivo nas Cantigas de Santa María de Alfonso X (polo seu valor simbólico, estes milagres serán comentados entre as pp. 118-120), e á lenda da lactatio de San Bernardo, especialmente propagada entre os séculos XV e XVII. Realízase un estudo iconográfico e búscanse paralelos con outras representacións; cabe destacar unha escultura conservada no Museo de Pontevedra de principios do século XIV, que a autora supón procedente do convento pontevedrés de San Francisco, onde foi sepultado o trobador Pay Gómez Charinho xunto á súa esposa, e ao que atribúe a financiación da capela por doazón post obitum entre 1310-1330; neste suposto contexto, suxire para a escultura un valor funerario e, máis concretamente, de María como intercesora no Xuízo Final (p. 116)
![]()
