«São Tiago: Peregrino na Sé do Porto»


Autor Louise Palma, Mafalda Teixeira

Título São Tiago: Peregrino na Sé do Porto

Título revista/libro Ad Limina

Año 2020

Volumen XI

Páginas 243-267


Resumen
O traballo ten por obxectivo presentar a relación entre a imaxe de Santiago peregrino no século XVI no contexto do culto xacobeo na área do Porto. De maneira sintética, aluden á tradición de Santiago como evanxelizador na Península Ibérica, o encontro do sepulcro e o inicio da peregrinación a Compostela, promocionada por Diego Xelmírez, e a conmemoración do martirio do apóstolo o 25 de xullo. O traballo fai revisión, así mesmo, da devoción xacobea no norte de Portugal e, máis especificamente, no Porto; nesta área localízanse santuarios, mosteiros e igrexas que permiten testemuñar o seu culto xa desde o século XI. Na cidade era posible encontrar hospedarías, así como hospitais promovidos por confrarías e irmandades. Alúdese, así mesmo, ás vías que durante o período medieval permitían chegar á cidade do Porto e continuar camiño cara ao norte, tendo todas como parada común a Sé do Porto. Ademais de aludir á devoción xacobea na Sé, préstase atención á súa representación iconográfica, en especial á escultura de principios do séc. XVI do Apóstolo Santiago que se encontra na Sé do Porto, na cal se presenta caracterizado cos atributos de peregrino, conforme á imaxe do apóstolo máis divulgada polo imaxinario medieval

Loading