«A edición da colección documental do Mosteiro de Montederramo (Ourense)»


Autor Lorenzo, Ramón

Título A edición da colección documental do Mosteiro de Montederramo (Ourense)

Título revista/libro Estudis Romànics

Año 2013

Volumen 35

Páginas 415-426


Resumen
Presenta a vindeira edición dos documentos do citado mosteiro ourensán, a cal comprende un corpus de 1874 documentos datados entre 1124 e 1560. O autor, que a anuncia como xa rematada e pendente de publicación, decidiu emprender a edición á vista de que este tipo de obras soen ser realizadas por historiadores, o que provoca numerosos erros na transcrición por descoñecemento lingüístico ou simplemente descoido no tratamento lingüístico dos textos, debido a que eses estudosos teñen outros intereses. Ao longo do presente traballo repasa os principios metodolóxicos empregados na devandita edición. Así, advirte que a súa transcrición adopta un criterio intermedio entre a edición paleográfica e a modernización lingüística, de tal xeito que mantén a lectura dos manuscritos, agás en aspectos puntuais, como a regularización de maiúsculas e minúscilas ou o desenvolvemento de abreviaturas. Na introdución preséntase un estudo lingüístico, no que se expoñen os trazos máis característicos dos documentos. Estes reflicten a evolución do galego ao longo do período que abrangue a documentación, pero tamén o progresivo distanciamento da lingua do norte do Miño respecto a do sur

Loading