«Trobar e rimar nella lirica profana galego-portoghese»


Autor Lorenzo Gradín, Pilar - Marcenaro, Simone

Título Trobar e rimar nella lirica profana galego-portoghese

Título revista/libro Ars Metrica

Año 2010

Volumen 12

Enlace http://ars-metrica.germ-ling.uni-bamberg.de/ars-metrica-201012/trobar-e-rimar-nella-lirica-profana-galego-portoghese/


Resumen
Analízase o emprego de rimas equívocas por parte dos trobadores galegoportugueses, tendo en conta tanto o tratamento que lles dispensaron os poetas occitanos e as reflexións elaboradas polos tratados poéticos desa tradición lírica, como as que así mesmo contén a Arte de trovar do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa. No que atinxe ao equívoco, esta última optou por centrarse na ambigüidade enunciativa, mellor que na equivocación das palabras rimas, o cal reflicte a escasa presenza que este recurso ten entre os galegoportugueses. Os autores analizan estes casos e póñenos en relación cos recursos do dobre e do mozdobre, ao tempo que extraen conclusións sobre a utilización dispar que a rima equívoca ten nos diversos xéneros líricos peninsulares. A análise baséase, entre outros, en textos de Afonso Sanchez, Gil Perez Conde, Johan Soarez Coelho, Johan Velho de Pedrogaez, Lourenço, Pero Larouco

Loading