«Les clairs-obscurs des lais galégo-portugais. Circulation et réemploi des romans arthuriens»


Autor Lorenzo Gradín, Pilar

Título Les clairs-obscurs des lais galégo-portugais. Circulation et réemploi des romans arthuriens

Título revista/libro Cahiers de civilisation médiévale

Año 2016

Volumen 59

Fascículo 2

Páginas 159-176


Resumen
A autora segue unha liña de investigación consolidada pola crítica, segundo a cal os lais contidos nos manuscritos que transmiten a lírica galegoportuguesa dependen dun proxecto editorial que obedece a principios nacidos da súa mesma produción. Asumindo isto, estuda as rúbricas que acompañan a estes textos nos códices, así como a que Colocci recolleu no final da Arte poética do Cancioneiro da Biblioteca Nacional. Trata de responder a unha serie de cuestións cronolóxicas e filolóxicas, para ver se os lais presentaban a mesma dispositio nun estado anterior ao que reflicte o Cancioneiro e tamén cando se incorporaron os mesmos á compilación portuguesa. A autora céntrase na lettre das rúbricas, analizando a estrutura morfosintáctica deses textos explicativos. Así, considera que o tipo de formas verbais son asimilables ás do corpus do trobador Vidal. A partir desta semellanza, supón que a tradución dos lais realizouse entre finais do século XIII e comezos do XIV. Por outra banda, a incorporación de tales textos á tradición manuscrita galegoportuguesa produciríase nunha das últimas fases da súa evolución e podería relacionarse co ambiente cultural do conde de Barcelos

Loading