«Aproximación á configuración urbana de Vigo na época do Pergamiño Vindel»


Autor López Carreira, Anselmo

Título Aproximación á configuración urbana de Vigo na época do Pergamiño Vindel

Otros autores A. Rodríguez Guerra - X. B. Arias Freixedo

Título revista/libro The Vindel Parchment and Martin Codax / O Pergamiño Vindel e Martin Codax. The Golden Age of Medieval Galician Poetry / O esplendor da poesía galega medieval

Ciudad Amsterdam - Philadelphia

Editorial John Benjamins Publishing Company

Año 2018

Páginas 271-287


Resumen
Traza unha evolución de Vigo durante a Idade Media, tomando como referencia os anos en que desenvolverían a súa actividade poética Martin Codax e outros xograres do suroeste de Galicia. Salíentanse en primeiro lugar as dificultades que atopou Vigo para medrar durante eses séculos, que obedecerian a cuestións naturais, como o seu emprazamento no sector medio da ría, pero tamén políticos, como a súa dependencia de Santiago e a competencia que lle facían outras poboacións cercanas. O autor distingue catro etapas na evolución medieval de Vigo: unha primeira, ata o século XII, marcada polo declive do núcleo romano-suevo, que chegara a acadar certa relevancia; a segunda, entre os séculos XII e XIV, de desenvolvemento; a terceira, no século XIV, de crise demográfica; e a derradeira, xa no século XV, de recuperación. Así mesmo destaca a existencia de dous núcleos de poboación, arredor das parroquias de Santiago, no barrio mariñeiro do Areal, e Santa María, na faldra do monte do Castro e sobre a rocha da Laxe, que na Baixa Idade Media se verían ampliados polos barrios do Berbés e dos Poboadores

Loading