«Uma definição identitária para os caminhos portugueses tardo-medievais de Santiago de Compostela? Dois casos que convidam à reflexão crítica»


Autor Lopes, Paulo Catarino

Título Uma definição identitária para os caminhos portugueses tardo-medievais de Santiago de Compostela? Dois casos que convidam à reflexão crítica

Título revista/libro Ad Limina

Año 2020

Volumen XI

Páginas 61-84


Resumen
A partir da análise da de dous casos de peregrinación, a levada a cabo pola Raíña Santa en 1325 e a efectuada por D. Manuel I en 1502, considerados símbolos da peregrinación xacobea e do propio camiño portugués a Compostela, o artigo procura unha reflexión sobre o carácter identitario dos camiños portugueses a Santiago de Compostela en época tardomedieval. A peregrinación da Raíña Santa Isabel en 1325 tivo lugar despois da morte do Rei Dinis de Portugal, chegando a Compostela o 25 de xullo; o relato da peregrinación é reproducido na biografía anónima do séc. XIV, Livro que fala da boa vida que fez a Raynha de Portugal, Dona Isabel e seus bons feitos e milagres em sa vida e depois da morte. A raíña Isabel recibiu as insignias propias da peregrinación, como o bordón que tamén foi representado na estatua xacente do seu túmulo. Arredor da súa figura teceuse unha rica tradición lendaria, algunhas desas lendas ligadas á peregrinación compostelá. Segundo o autor, a peregrinación da Raíña Santa Isabel asumiría dúas funcións: sería reflexo da reputación da devoción xacobea no reino portugués e reforzaría a identidade de Portugal como parte integrante do camiño a Santiago (p. 70). Sinálase, ademais, que biógrafos e cronistas atribuíron unha segunda peregrinación no ano xubileo de 1335, talvez con orixe nunha referencia que se le na Crónica de D. Afonso IV de Rui de Pina. En canto ás motivacións da peregrinación efectuada polo rei Manuel I, a crónica de Damião de Góis preséntaa como un acto de agradecemento polo éxito nas Indias, pero, segundo o autor, a viaxe podería estar tamén propiciada pola intensa devoción do rei, inmerso nun espírito mesiánico e no ideal de Cruzada, tendo en consideración, ademais, que Santiago foi relacionado co proceso de Reconquista cristiá

Loading