«Mozas dragón e mozas de dragóns»
Autor Lestón Mayo, M. Aurora
Título Mozas dragón e mozas de dragóns
Título revista/libro Anuario Brigantino
Año 2014
Volumen 37
Páginas 103-122
Resumen
Analízase unha selección de lendas tradicionais de dragóns e doncelas, co obxectivo de examinar as funcións que soen desempeñar os personaxes femininos. Os relatos considerados proceden de distintos contextos, xa que o tema é recorrente e común no espazo e no tempo. Entre os textos medievais comentados, sobresae a lenda de San Xurxo incluída na Legenda aurea de Voragine no século XIII, así como os episodios de Santa Marta e de Santa Margarida. Por outra banda, aténdese ás narracións de doncelas que se converten en serpe, lembrando que moitas forman parte de obras medievais (o Lanzalet alemán, o Tirant lo Blanc, o Carduino, a Ponzela Gaia e o Orlando Innamorato). Preséntase a posibilidade de que estes episodios se asociasen a antigos mitos de fertilidade, tendo en consideración a participación do elemento feminino, o réptil, a auga e o inframundo
![]()
