La lingua delle cantigas. Grammatica del galego-portoghese


Autor Larson, Pär

Título La lingua delle cantigas. Grammatica del galego-portoghese

Ciudad Roma

Editorial Carocci Editore

Año 2018

Páginas 139


Resumen
ingua que os trobadores da península ibérica solían empregar entre finais do século XII e mediados do século XIV á hora de compoñer os seus poemas líricos; de feito, o libro dedícase a analizar e describir a lingua empregada nas cantigas -tanto profanas como relixiosas- daquela época, abarcando así a produción poética de nobres, clérigos, xoglares e incluso dous reis: Alfonso X de Castela e León (1252-1284) e Don Denis de Portugal (1279-1325). Así, despois dunha breve contextualización histórico-xeográfica, o groso do traballo conságrase ao estudo gramatical da lingua -a nivel fonolóxico, morfolóxico, sintáctico, etc.-. O análise respáldase con exemplos específicos extraídos do corpus poético seleccionado, os cales sempre van acompañados dunha tradución italiana debida ao autor do libro; non obstante, cómpre indicar que, aínda que o estudoso adoita recorrer ao italiano para aclarar o significado e a función de palabras, fórmulas, elementos gramaticais, etc., non faltan na súa obra as remisións a outros idiomas románicos -tanto antigos como modernos- e ao latín. Segundo el mesmo declara, o obxectivo fundamental desta gramática é axudar aos estudantes universitarios na lectura, comprensión e interpretación das cantigas en galego-portugués

Loading