«Breve reseña sobre el Santuario Mariano de Terena (Portugal)»
Autor Kurtz, William S.
Título Breve reseña sobre el Santuario Mariano de Terena (Portugal)
Título revista/libro Pax et Emerita
Año 2012
Volumen 8
Páginas 471-474
Resumen
O autor estuda o ciclo de cantigas dedicadas a Terena no seu contexto histórico e literario, que reconstrúe con precisión. En primeiro lugar, chama a atención sobre o feito de que Terena pertencese ao señorío dun dos seus seguidores máis fieis ata a súa morte, Martim Gil de Riba de Vizela, e tamén sobre o feito de que Terena estivese na zona pola que contendían Castela e Portugal, e co resto das Cantigas de Santa Maria estrutura un espazo de piedade afastado do camiño de Santiago. Arquitectonicamente, o santuario seméllase ao do Porto de Santa María e pódese asociar, a maior distancia, co de Vilasirga, tamén vinculado ás fundacións rexias. Este breve artigo contén moita información útil para estudar a función político-cultural das Cantigas
![]()
