«La piel del leopardo: Galicia y el ordenamiento territorial alfonsí»


Autor Hernández, Francisco J.

Título La piel del leopardo: Galicia y el ordenamiento territorial alfonsí

Otros autores J. M. Andrade - S. R. Doubleday

Título revista/libro Galicia no tempo de Afonso X

Ciudad Santiago de Compostela

Editorial Consello da Cultura Galega

Año 2021

Páginas 153-198


Resumen
Describe a distribución dos poderes administrativos de Galicia durante o reinado de Afonso X e como eses poderes se repartían os recursos e o territorio, ao tempo que estaban enfrontados entre si. A pesar da importancia que tiñan a que se denominaba como terra privilexiada, é dicir, os dominios señoriais, o autor ten en conta novas fontes documentais, como os libros de contas da chancelería real, para soster que a política emprendida por Afonso X estaba destinada á contención e mesmo á redución dos dominios señoriais, eclesiásticos e seculares. O artigo repasa os padróns tributarios, que lle serven ao autor para trazar un panorama das contas eclesiásticas (catedrais, abadías, mosteiros), así como a situación dos lugares reguengos. Polo que se refire á nobreza, estúdase a traxectoria de dous dos seus representantes máis senlleiros, que actuaron como tenentes rexios en Galicia, Rodrigo Gómez de Traba, que serviu a Fernando III e a seu fillo, Afonso X, e Afonso Fernández o Neno, fillo ilexímito do rei Afonso. Finalmente o autor préstalle atención á liñaxe dos Trastámaras e a como o seu señorío acadou grandes cotas de poder, ata rematar fragmentado

Loading