«El Camino de Santiago en la región Midi-Pyrénées de los siglos XI al XIII, a la luz del itinerario seguido por el obispo Diego Gelmírez»


Autor Hernández Figueiredo, José Ramón

Título El Camino de Santiago en la región Midi-Pyrénées de los siglos XI al XIII, a la luz del itinerario seguido por el obispo Diego Gelmírez

Título revista/libro Compostellanum. Revista de la Archidiócesis de Santiago de Compostela

Año 2017

Volumen 62

Fascículo 3-4

Páginas 357-400


Resumen
O estudo comeza describindo o xurdimento dos primeiros centros de devoción na antiga Galia e o contexto político e espiritual que antecen a viaxe do bispo compostelán. Nas súas dúas viaxes Xelmírez seguiu as vías de peregrinación que se dirixían a Santiago: a via tolosana, para o seu periplo a Roma en 1100, e as vias podiensis e lemosina, cando volve a Roma en 105, cun desvío a Cluny. Nesta segunda ocasión seguiu unha ruta que describe o derradeiro libro do Codex Calixtinus, que lle serve ao autor como fonte para a reconstrución do itinerario de Xelmírez. Deste xeito, o traballo vai expoñendo o valor histórico, artístico e cultural dos lugares máis importantes dese percorrido, o que inclúe noticias sobre Saint Sernin de Toulouse e as supostas reliquias de Santiago que alí se custodiaban, Saint-Pierre de Moissac, Saint-Étienne de Cahors e a abadía de Sainte-Foi de Conques. Explícanse tradicións e milagres xacobeos adscritos a eses lugares, así como indicacións sobre a historia dos mesmos e algúns dos tesouros artísticos que alí se atopan

Loading