«La poética compositiva de los lais de Bretanha: Amor, des que m'á vós cheguei y los lais anómalos de la Post-Vulgata»


Autor Gutiérrez García, Santiago

Título La poética compositiva de los lais de Bretanha: Amor, des que m'á vós cheguei y los lais anómalos de la Post-Vulgata

Título revista/libro Revista de Poética Medieval

Año 2007

Volumen 19

Páginas 93-113


Resumen
Analiza as relacións entre as diversas pezas que integran os lais de Bretanha galegoportugueses, a partir da distinción que se adoita establecer entre os tres que remontan a fontes francesas coñecidas, pertencentes ao Tristan en prose, e os dous que remiten a pasaxes en prosa do ciclo da Post-Vulgata. O autor observa que a sección final dun dos que se integran no primeiro bloque, Amor, des que m'á vós cheguei, non ten correspondencia no texto francés conservado e si, en cambio, coas pasaxes en prosa que enmarcan o lai no contexto narrativo do roman. Inserta, daquela, o proceso de reescritura dos lais nestas relacións transtextuais entre a prosa e o verso, salientando que as dúas pezas inspiradas na Post-Vulgata manteñen, polos mecanismos compositivos nos que se basean, unha relación cos outros lais máis estreita do que puidera parecer, o que, finalmente, reafirma a coherencia interna deste pequeño corpus lírico

Loading