«Women and Pilgrimage in Medieval Galicia»


Autor González Vázquez, Marta

Título Women and Pilgrimage in Medieval Galicia

Otros autores C. A. González-Paz

Título revista/libro Women and Pilgrimage in Medieval Galicia

Ciudad Surrey (UK) - Burlington (USA)

Editorial Ashgate

Año 2015

Páginas 27-50

Colección Compostela International Studies in Pilgrimage History and Culture


Resumen
A autora comeza considerando as dificultades teóricas que atopaban as mulleres, que, durante a Idade Media, quixesen emprender unha peregrinaxe. Estas derivababan das funcións que lles reservaba unha sociedade patriarcal, na que a muller se ligaba ao espazo doméstico e na que ela mesma era obxecto de custodia. Porén, a muller medieval peregrinaba, sobre todo a santuarios menores, que son xustamente os que menos documentación ofrecen sobre este tipo de actividades. Polo que se refire ás peregrinacións femininas a Compostela, observa un tratamento desigual, segundo o xénero das fontes, documentais ou narrativas, pois nin as peregrinacións nin os peregrinos merecen unha atención destacada, a pesar da información que ofrecen obras como as Cantigas de Santa María. A segunda metade do traballo repasa, cun criterio cronolóxico, as experiencias dalgunhas peregrinas célebres que viaxaron ata Santiago ao longo dos séculos medievais, nobres, santas e raíñas, que, como Santa Bríxida ou Santa Isabel de Portugal, serven como testemuñas das condicións en que peregrinaban as mulleres desa época

Loading