«Los santuarios destino de las peregrinaciones originadas en Galicia a finales de la Edad Media»
Autor González Paz, Carlos Andrés
Título Los santuarios destino de las peregrinaciones originadas en Galicia a finales de la Edad Media
Otros autores S. Gutiérrez García - S. López Martínez-Morás
Título revista/libro El culto jacobeo y la peregrinación a Santiago a finales de la Edad Media. Crisis y renovación
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Universidade de Santiago de Compostela
Año 2018
Páginas 65-86
Resumen
A partir dos datos que ofrecen os testamentos, identifícanse cales eran os principais santuarios aos que peregrinaban os galegos durante os séculos XIV e XV, en concreto dende a institución do Ano Santo romano, en 1300, polo papa Bonifacio VIII. Estúdanse as razóns que levaran aos testadores a emprender a peregrinación, así como a complexidade das súas crenzas e devocións, segundo se desprende da multiplicidade de mandas e disposicións. O panorama que ofrecen os templos de destino é igualmente complexo, pois abrangue dende os grandes centros peregrinación a pequenos templos locais. Distingue, neste sentido, tres niveis: os tres grandes destinos da Cristiandade: Xerusalén, Roma e Santiago; os santuarios ibéricos, en especial no ámbito da coroa castelá-leonesa, no que destaca Santa María de Guadalupe, en Cáceres; e os centros de peregrinación interior, dentro da propia Galicia, entre os que aparecen os de alcance rexional, como Santo André de Teixido, Santa María da Franqueira e Santa María de Vilabade, e os de alcance local ou comarcal, como Santo André de Loboso, San Salvador de Bouzas, Santa Marta do Viso, Santa Mariña de Augas Santas, entre outros moitos
![]()
