«O arraiz de Roi Garcia… desseino-o et enlinho-o. Une nouvelle lecture du texte satirique B1560 d'Alfonso Mendez de Besteiros»
Autor González Martínez, Déborah
Título O arraiz de Roi Garcia… desseino-o et enlinho-o. Une nouvelle lecture du texte satirique B1560 d'Alfonso Mendez de Besteiros
Título revista/libro Revue des Langues Romanes
Año 2014
Volumen 118
Fascículo 1
Páginas 143-171
Resumen
A cantiga B1560 do Cancioneiro da Biblioteca Nacional corresponde a unha sátira do trobador portugués Afonso Mendes de Besteiros dedicada a Roi Garcia de Paiva, cortesán do monarca Afonso III. O artigo analiza dúas expresións moi problemáticas que se reiteran ao longo do texto á maneira de refrán intercalar: desseino-o e enlinho-o. Tradicionalmente, a escuridade destas formas obstaculizou a correcta interpretación da cantiga de Afonso Mendez de Besteiros. A análise dos termos conduce, en último termo, a unha proposta interpretativa da sátira completamente novedosa
![]()
