«As tensos de Paai Soarez de Taveiros. Edición e estudo de B142 e B144»


Autor González Martínez, Déborah

Título As tensos de Paai Soarez de Taveiros. Edición e estudo de B142 e B144

Título revista/libro Verba. Anuario Galego de Filoloxía

Año 2012

Volumen 39

Páginas 245-272


Resumen
O traballo comeza con diversas cuestións de definición e caracterización deste xénero dialogado na tradición poética galegoportuguesa, con especial atención ás indicacións fornecidas pola Arte de trovar do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa. Segue unha análise dos dous textos -o primeiro, composto entre Paai Soarez e Pero Velho de Taveiros; o segundo, entre Martin Soarez e Paai Soarez- e do lugar que ocupan na tradición textual cancioneiril, salientando a súa ubicación entre as cantigas de amor, así como un estudo das rúbricas explicativas que as acompañan. O núcleo do artigo constitúeo a edición crítica das composicións, acompañada de notas de tipo ecdótico, lingüistico e retórico. Indícanse ademais certas semellanzas temáticas que B142 mantén cunha tensó amorosa occitana, «De las serors d’En Guiran», composta por Vaquier e Catalan

Loading