«Entre a tradición trobadoresca e a innovación estética: as cantigas de Nuno Eanes Cerzeo»


Autor González, Déborah

Título Entre a tradición trobadoresca e a innovación estética: as cantigas de Nuno Eanes Cerzeo

Otros autores coord. I. Tomassetti. Ed. R. Alviti -A. Garribba -M. Marini -D. Vaccari. Colab. M. Nogués - I.Turull

Título revista/libro Avatares y perspectivas del medievalismo ibérico

Ciudad San Millán de la Cogolla

Editorial Cilengua

Año 2019

Volumen 1

Páginas 389-398

Colección Instituto Literatura y Traducción, 23. Miscelánea, 10


Resumen
A figura histórica de Nuno Eanes Cerzeo foi perfilándose especialmente nas últimas décadas, sobre todo grazas a varios estudos publicados por J.A. Souto Cabo. Os datos conducen a pensar que Nuno Eanes Cerzeo participaría no movemento trobadoresco desde a primeira metade do século XIII. Ademais, pódese supoñer que mantivo contactos con outros nobres e autores asociables ao círculo poético de don Rodrigo Gómez de Trastámara. Entre as particularidades máis destacables da súa produción, que estimamos conformada por nove cantigas de temática amorosa, sobresaen a diversidade e orixinalidade dos moldes estróficos, o virtuosismo métrico e a complexa execución das rimas. Unha recoñecida proba do seu dominio na arte trobadoresca é o seu descordo «Agora me quer’eu ja espedir», ao que M. Rodrigues Lapa caracterizou como «uma pequena obra-prima, digna de um poeta moderno» nas Lições de literatura portuguesa. Non obstante, na súa produción lírica, a exhibición técnica e o artificio póñense, en todo momento, ao servizo da expresión amorosa, aspecto ao que a contribución dedica especial atención. Ademais de empregar temas habituais e recorrentes na escola trobadoresca galego-portuguesa, aprécianse outros motivos temáticos de maior singularidade

Loading