«La cantiga de maldecir como modelo de cantar injurioso y la duplicidad satírica de la lírica gallegoportuguesa»
Autor García, Santiago
Título La cantiga de maldecir como modelo de cantar injurioso y la duplicidad satírica de la lírica gallegoportuguesa
Título revista/libro Bulletin of Hispanic Studies
Año 2013
Volumen 90
Fascículo 7
Páginas 771- 788
Resumen
O autor enfróntase neste traballo ás dificultades inherentes ao estudo das cantigas de escarnio e de maldizer, adoptando, nunha primeira fase de análise, a perspectiva teórica ofrecida na coñecida como Arte de trovar. A diferenza entre ambas categorías textuais, segundo recolle o tratado poético, reflíctese no emprego da aequivocatio, de tal xeito que só as cantigas de escarnio estarían construídas sobre o principio de ambigüidade. Nunha segunda fase de estudo, lévase a cabo unha comparación desta clasificación teórica con outros testemuños trobadorescos, como as rúbricas que acompañan as cantigas e os propios textos poéticos. A perspectiva comparada permitiría extraer conclusións amplas que afectarían á consideración teórica de ambas categorías poéticas en tanto que o autor conclúe que a Arte de trovar é unha obra tardía e, porén, afastada da realidade poética que describe
![]()
