«Mulleres nobres entre o reino de Galiza e a corte rexia en tempos de Afonso X: conexións familiares e vínculos culturais»
Autor García-Fernández, Miguel
Título Mulleres nobres entre o reino de Galiza e a corte rexia en tempos de Afonso X: conexións familiares e vínculos culturais
Otros autores M. Brea - P. Lorenzo Gradín
Título revista/libro Afonso X e Galicia
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades - Xunta de Galicia
Año 2021
Páginas 177-208
Resumen
Para o estudo da situación da muller na sociedad do século XIII o autor ten en conta, en primeiro lugar, as mudanzas que estaban a suceder neses anos de transición, tanto no referido ao afastamento da corte do territorio galego, como ao novo sistema agnaticio de organización familiar, que deixou á muller nunha posición lateral, pero aínda non excluída ou marxinada, no proceso de herdanza dos bens liñaxísticos. Diversas figuras senlleiras sérvenlle ao autor para ir trazando a rede de relacións familiares e culturais artellada arredor das mulleres da aristocracia galega, como Maior Afonso e Sancha Gómez, que acadaron un lugar de relevancia como integrantes da casa dos Traba; as mulleres da liñaxe dos Rodeiro, como Constanza Martiz de Orcellón e Maior Afonso, que foron donas de Munio Fernández de Rodeiro, a primeira das cales, ademais, aparece como protagonista dunha cantiga de Airas Carpancho; mulleres da familia dos Limia, que aparece vinculada a varias iniciativas culturais da época, como sería o Livro de Tristan e á que pertencería Maior Arias, muller de Garcia Fernández Villamayor, aio de Afonso X; ou mulleres da casa de Soverosa, entre elas Teresa Gil de Soverosa e súa nai, María Arias, ambas relacionadas con trobadores como Vasco Gil, Johan Soarez Somesso ou Afonso Soarez Sarraça. O derradeiro apartado do traballo está dedicado a Aldonza Rodríguez de León, casada con Estevo Rodríguez de Castro, que tomou parte na sublevación nobiliaria dos anos setenta do século XIII, un conflito que foi recollido en diversas cantigas trobadorescas
![]()
