«Tradición xacobea en Pontedeume, unha vila medieval no Camiño Inglés cara a Santiago de Compostela»
Autor Fonte Sardiña, José
Título Tradición xacobea en Pontedeume, unha vila medieval no Camiño Inglés cara a Santiago de Compostela
Título revista/libro Cátedra. Revista Eumesa de Estudios
Año 2013
Volumen 20
Páginas 201-262
Resumen
Artigo que estuda, a partir da documentación histórica, os camiños de peregrinación a Compostela, centrándose sobre todo na peregrinación marítima e terrestre do Camiño Inglés, no paso deste itinerario por Pontedeume e na relación desta vila co apóstolo Santiago. En 1270 fundáronse a vila e o alfoz de Pontedeume por privilexio de Afonso X e foi previsiblemente lugar de acollida e descanso para as xentes que dende Ferrol e as terras da Mariña Alta se dirixían á tumba do Apóstolo. O pulo da poboación chegou cos condes de Andrade, grazas ao privilexio real concedido por Henrique II a Fernán Pérez de Andrade en 1371. Este promoveu o Camiño xacobeo coa construción de pontes e igrexas (Santa María do Azougue e Santiago en Betanzos, capela de Espírito Santo en Pontedeume), mosteiros (San Francisco de Betanzos e do Ferrol, San Domingos da Coruña) e hospitais (San Bartolomeu de Betanzos e de Pontedeume). O autor traza así mesmo a historia de Pontedeume dende a época de Pérez de Andrade ata a actualidade, augurando un futuro esperanzador para a vila, grazas á revitalización do Camiño Inglés
![]()
