«Milagres para a biografía dunha raíña: santa Isabel de Portugal»


Autor Fidalgo, Elvira

Título Milagres para a biografía dunha raíña: santa Isabel de Portugal

Otros autores C. F. Blanco Valdés - A. M. Domínguez Ferro

Título revista/libro Madonna à 'n sé vertute con valore. Estudios en homenaje a Isabel González

Ciudad Santiago de Compostela

Editorial Universidade de Santiago de Compostela

Año 2016

Páginas 243-254


Resumen
A figura de Isabel de Portugal pasou á historia non só por ser muller do rei Don Denis, senón polo seu carácter piadoso e caritativo, que lle deu fama de santidade e que a conduciu ata a súa canonización, xa no século XVII. Aínda que as haxiografías sobre ela son serodias, dese mesmo século ou posteriores, é moi posible que xa no século XIV se compuxesen os primeiros relatos sobre a súa vida. A autora analiza a imaxe da raíña que ofrecen dous textos do século XVII, herdeiros desta tradición previa: o que Frei Francisco Brandão incluíu na Monarquia Lusitana (1672), que retomaría datos proporcionados pola Crónica de D. Dinis; e a biografía de Frei Damián Cornejo, titulada Santa Isabel de Portugal, espejo de doncellas, casadas y viudas (1698). Xunto á exaltación das virtudes e conduta cristiás practicadas pola raíña -como a asistencia aos pobres e a devoción franciscana-, analízanse dous milagres que se lle atribuíron: o da conversión en rosas dos pans cos que ía alimentar os pobres, e o do envexoso que morre no forno en vez do inocente ao que quería matar. Para máis interese dos estudosos da literatura medieval, o motivo deste segundo milagre atópase xa na n.º 78 das Cantigas de Santa María. Ambos prodixios elaboran unha imaxe de Santa Isabel baseada nun dobre modelo: o da raíña caritativa e taumatúrxica e o da casada abnegada que soporta as aldraxes do seu home

Loading