«As cores da poesía medieval»
Autor Fidalgo, Elvira
Título As cores da poesía medieval
Otros autores M. Brea - F. Fernández Rei - X. L. Regueira
Título revista/libro Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Universidade de Santiago de Compostela
Año 2008
Páginas 483-491
Resumen
Entre as manifestacións da recoñecida abstracción da lírica galegoportuguesa está a escaseza de referencias a elementos concretos da natureza. Unha delas aféctalle á gama cromática que empregan os trobadores hispánicos. A autora así o constata na súa análise sobre as cores na lírica trobadoresca, das que atopa non só un abano moi reducido, senón unha disparidade de referencias, segundo os xéneros, con máis alusións nas cantigas satíricas e menos nas de amor. Salienta o predominio do verde, do azul e do branco, xunto aos que se encontran mencións ao vermello, o negro, o veiro e o amarelo. A análise indaga nas implicacións ideolóxicas que se agochan tras o uso de cada unha destas cores, así como nas consecuencias que ten para o proceso de construción poética
![]()
