«Particularidades gráficas e de impaxinación do folio 79r do Cancioneiro da Ajuda: o seu copista é ¿un copista corrector?»


Autor Fernández Guiadanes, Antonio

Título Particularidades gráficas e de impaxinación do folio 79r do Cancioneiro da Ajuda: o seu copista é ¿un copista corrector?

Otros autores M. Arbor Aldea - A. Fernández Guiadanes

Título revista/libro Estudos de edición crítica e lírica galego-portuguesa

Ciudad Santiago de Compostela

Editorial Universidade de Santiago de Compostela

Año 2010

Páginas 161-194

Colección Verba. Anexo, 67


Resumen
Dende que Michaëlis de Vasconcelos propuxera a intervención dun único copista na transcrición do Cancioneiro da Ajuda, posteriores estudosos modificaron esta hipótese e inclináronse pola presenza de varias mans. O autor parte da división da citada compilación en dúas grandes seccións, segundo que o punto como signo delimitador de verso se empregue de manera sistemática ou asistemática. Porén, o folio 79r non se adecua a esta partición, de aí a atención que se lle dedica. Analízanse, daquela, as súas grafías, sobre todo a do ductus do y, así como a impaxinación do folio en cuestión. Conclúe que o copista do 79r non foi o mesmo que transcribiu o 79v, antes ben lígase á man do copista corrector que aparece en folios precedentes do cancioneiro

Loading