«Usos propagandísticos de la devoción jacobea: la transferencia de los atributos guerreros de Santiago»


Autor Fernández Gallardo, Luis

Título Usos propagandísticos de la devoción jacobea: la transferencia de los atributos guerreros de Santiago

Otros autores S. Gutiérrez García - S. López Martínez-Morás

Título revista/libro El culto jacobeo y la peregrinación a Santiago a finales de la Edad Media. Crisis y renovación

Ciudad Santiago de Compostela

Editorial Universidade de Santiago de Compostela

Año 2018

Páginas 31-48


Resumen
Despois dunha introdución, na que se explica a orixe da figura de Santiago guerreiro, estúdase como as características bélicas do Apóstolo pasaron a outros dous santos hispanos, San Millán de la Cogolla e San Isidoro. No primeiro caso, a transferencia está ligada ao desenvolvemento da lenda de Fernán González e á promoción do mosteiro de San Millán por parte do conde castelán, así como á adaptación a Castela da lenda leonesa do rei Ramiro e o tributo das cen doncelas. Para a análise téñense en conta as versións fornecidas polos Votos de San Millán e mais a Vida de San Millán de Gonzalo de Berceo. A apropiación das calidades guerreiras por parte de San Isidoro efectuouse nun contexto de competencia con Santiago por se converter en padroeiro de toda España. Xunto aos antecedentes do Sermo in transitu Sancti Isidori e da Vita Sancti Isidori, compostos por dous cóengos leoneses, o autor que promocionou esta imaxe guerreira de San Isidoro foi Lucas de Tui, quen na Historia translationis e no Chronicon Mundi lle atribuíu ao santo a protección milagreira de varios reis casteláns-leoneses (Afonso VI, Afonso VII, Fernando II e Afonso IX), todos eles empeñados na conquista de diversas cidades musulmás que se consideraban difíciles de expugnar

Loading