«Don Denis e Martin Soares: brevi note intertestuali»


Autor Fassanelli, Rachele

Título Don Denis e Martin Soares: brevi note intertestuali

Título revista/libro Virtual Center for the Study of Galician-Portuguese Lyric

Año 2014

Volumen 2

Enlace https://blogs.commons.georgetown.edu/cantigas/files/2014/12/Fassanelli-Intertestualit%C3%A0-rev-Article.pdf


Resumen
Tras revisar o concepto medieval de inventio poética, que sitúa, máis que no plano da creación, no do encontro da materia poética, a autora aborda a obra de D. Dinis, á que caracteriza como unha lírica que se nutre doutras líricas. E un dos autores que o rei trobador ten presentes como fonte de inspiración é Martin Soarez. Estúdanse, daquela, as relacións intertextuais entre ambos poetas a partir da análise de varias cantigas. Así, Muitus me vẽem preguntar de Martin Soarez, que desenvolve o motivo da «outra senhor», como excusa para non revelar o nome da amada, ponse en relación con Nostro Senhor, ajades bom grado e O que vos nunca cuidei a dizer de D. Dinis. En Punh'eu, senhor, quanto posso'em quitar, tamén do monarca portugués, a relación con Pero que punh'eu me guardar, de Martin Soarez, establécese a partir do motivo do namorado que chora sen deixar de pensar na dama, así como a partir de aspectos métricos e retóricos. Tamén habería débeda dionisina respecto a Martin Soarez en Como me Deus aguisou que vivesse, que adopta a técnica do seguir tomando como modelo Ay, mha senhor, se eu non merecesse. Todos estes exemplos mostran como D. Dinis se apropia da tradición literaria que o precedeu e como é quen de dialogar con ela a través da intertextualidade

Loading