«Questioni metriche galego-portoghesi. Sulla cosidetta Lex Mussafia»
Autor Fasanelli, Rachele
Título Questioni metriche galego-portoghesi. Sulla cosidetta Lex Mussafia
Título revista/libro Ars Metrica
Año 2012
Resumen
A autora revisa a coñecida como lei de Mussafia, que, se por unha banda, non sempre foi interpretada pola crítica de xeito adecuado, por outra o seu exacto significado non chamou a atención, agás excepcións, de estudosos posteriores. Porén, a cuestión que tal principio métrico aborda resulta de gran trascendencia á hora de reconstituír os textos trobadorescos, pois, por exemplo, aféctalle ao cómputo silábico dos versos e, xa que logo, ao principio do isosilabismo. Tras un estado da cuestión, no que se analizan as propostas dos estudosos que revisaron a devandita lei, a autora retoma os preceptos da Arte de trovar galegoportuguesa e propón un novo corpus de sesenta e dúas cantigas ás que é posible aplicarlles tal principio acentual. A análise desas composicións -e mais outras catro dubidosas- bota luz acerca da diversos aspectos, como a relación entre a aplicación da lei na tradición galegoportuguesa e na occitana, o predominio das cantigas de amigo con refrán na asunción deste recurso métrico ou o perfil dos autores que o empregaron, con Don Denis á cabeza e seguido por Lopo, Martin de Padrozelos, Fernan Froiaz ou Johan de Requeixo
![]()
