Epica e cavalleria nel Medioevo. Atti del Seminario internazionale (Torino, 18-20 novembre 2009)
Título Epica e cavalleria nel Medioevo. Atti del Seminario internazionale (Torino, 18-20 novembre 2009)
Editor Marco Piccat - Laura Ramello
Ciudad Alessandria
Editorial Edizione dell’Orso
Año 2011
Páginas 216
Colección Scrittura e Scrittori. Serie Monografica, 24
Resumen
O volume recolle as contribucións presentadas por distintos estudosos de literatura románica medieval no seminario organizado polos doutorandos da Scuola di Dottorato in Lingue e Letterature Moderne da Universidade de Turín, en novembro de 2009, onde se propuxeron cuestións sobre materia épica e cabaleiresca. As aportacións organízanse en dous grandes apartados: o primero, Epica, cavalleria e leggende, reúne estudos centrados na análise de motivos cabaleirescos, non só no xénero propiamente épico, senón noutros medievales. Nesta sección inclúense diversos traballos dedicados ao ámbito hispánico: Mercedes Brea, «Virtudes y vicios caballerescos a través del prisma de las cantigas de escarnio» (pp. 55-75); Pilar Lorenzo Gradín, «Modelos épicos y artúricos en la lírica gallego-portuguesa» (pp. 77-97); e Laura Ramello, «Il Cuento de la enperatris Sevilla: origini e sviluppi» (pp. 99-116), que contan con recensión individuais no presente boletín. Os estudos da segunda sección, Cavalleria e tradizioni letterarie, reflexionan sobre a natureza da novela cabaleiresca, dende as súas orixes, ou ben indaga acerca da presenza de motivos cabaleirescos no teatro medieval e na literatura italiana
![]()
