«Editar poesía profana galego-portuguesa no século XXI»
Autor Eirín, Leticia
Título Editar poesía profana galego-portuguesa no século XXI
Otros autores G. Lalomia - D. Santonocito
Título revista/libro Literatura Medieval (Hispánica): nuevos enfoques metodológicos y críticos
Ciudad San Millán de la Cogolla
Editorial Cilengua
Año 2018
Páginas 177-189
Colección Colección Instituto Literatura y Traducción, 21 - Miscelánea 9
Resumen
Realiza un reflexión metodolóxica sobre o labor ecdótico aplicado á lírica galegoportuguesa, a partir das edicións críticas que deste corpus poético se realizaron entre os anos 2000 e 2016. Divide as edicións segundo agrupen os textos por un criterio xenérico, das que contabiliza dúas publicacións, ou de acordo cun criterio autorial, o máis numeroso e que agrupa por períodos de cinco anos. Salienta a continuidade que se observa pola procedencia dos editores, xa que na súa maioría pertencen ás tradicións filolóxicas galega e italiana. Pero tamén remarca algunhas das eivas deses traballos, como a das notas explicativas que seguen sen aclarar os problemas de certos textos, ou a ausencia dun criterio unificado á hora de aplicar uns criterios de edición. Así mesmo cuestiona a utilidade de certos elementos, como os glosarios ou a reprodución fotográfica dos manuscritos, que hoxe en día xa están accesibles na rede
![]()
