O cancioneiro de Pero Mafaldo


Autor Eirín García, Leticia - Ferreiro, Manuel

Título O cancioneiro de Pero Mafaldo

Ciudad Santiago de Compostela

Editorial Xunta de Galicia - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Año 2014

Páginas 211


Resumen
Edición interpretativa anotada das nove cantigas atribuídas a Pero Mafaldo, que só foron transmitidas polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional. Cada cantiga acompáñase dun apartado dedicado á métrica e dun comentario de tipo retórico-literario. O traballo ábrese cun estudo introdutorio destinado a presentar as informacións e hipóteses biográficas sobre o trobador, a tradición manuscrita e os criterios que rexen a fixación do texto. Na parte final, contémplanse un rimario, un glosario e dous apéndices: no primeiro encóntrase a transcrición paleográfica dos textos, mentres que no segundo se ofrece a reprodución das cantigas no manuscrito

Loading