«O dano na lírica profana galego-portuguesa»
Autor Domínguez Carregal, Antonio Augusto
Título O dano na lírica profana galego-portuguesa
Otros autores E. Corral Díaz - E. Fidalgo Francisco - P. Lorenzo Gradín
Título revista/libro Cantares de amigos. Estudos en homenaxe a Mercedes Brea
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Universidade de Santiago de Compostela
Año 2016
Páginas 323-332
Resumen
Analízase o emprego do substantivo dano na lírica trobadoresca, partindo da consideración do uso de dan e damnatge na produción occitana, onde tiña un valor oposto ao de pro, e que podía ser empregado para referirse aos campos legal, físico ou psicolóxico; de tal modo, pode entenderse en relación a outros termos, como enoi, afan, esglai, ira, mal. Na lírica galegoportuguesa, o substantivo rexístrase en vinte e unha cantigas de quince autores, distribuídas, segundo o xénero, en cinco cantigas de amor, seis de amigo e dez de escarnio. O seu emprego para expresar o sufrimento parece presentar unha cronoloxía serodía e non sobresae polos usos polisémicos que poderían darse a partir da súa orixe. Atendendo a este termo e a outros do mesmo campo léxico, a conclusión do autor é que, fronte á lírica occitana, na galegoportuguesa daríase unha redución da variedade expresiva e da súa frecuencia a favor dunha maior preponderancia da coita como medio de expresión do sufrimento amoroso dos trobadores galegoportugueses
![]()
