«Gualterus de Cluny, las 'Cantigas' y el niño que ofrece pan a Cristo: reconsideración de una antigua colección de milagros marianos»


Autor Disalvo, Santiago Aníbal

Título Gualterus de Cluny, las 'Cantigas' y el niño que ofrece pan a Cristo: reconsideración de una antigua colección de milagros marianos

Título revista/libro Hagiographica

Año 2013

Volumen 12

Páginas 123-142


Resumen
O monxe Gualterus de Cluny, coñecido como Gautier ou Walter de Compiègne (m.1155) é autor dunha breve colección de milagres marianos «universais» titulada De miraculis Beatae Virginis Mariae e composta cara a 1141. A importancia desta obra reside na súa data de composición, anterior á colección de milagres de tipo «local» de Hugo Farsitus (ca.1143), o que a convirte nunha das primeiras coleccións marianas non locais. Os catro capítulos da obra de Gualterus encontran a súa correspondencia con certas Cantigas de Santa Maria do rei Sabio: I, a muller sandada do lume de san Marcial coa cantiga 81; II, a reconciliación das mulleres, coa cantiga 68; III, o neno criado no mosteiro, coas cantigas 139 e 353, e IV, o monxe ebrio, coa cantiga 11). O autor céntrase no estudo do capítulo III como posible fonte das dúas cantigas

Loading