Historia de Santiago de Compostela
Autor Díaz Castro, Beatriz - López-Mayán, Mercedes - Iglesias Amorín, Alfonso - Rodríguez Álvarez, Emilio
Título Historia de Santiago de Compostela
Ciudad Santiago de Compostela
Editorial Vía Láctea
Año 2011
Páginas 307
Resumen
Obra dividida en catro partes (cada unha dun autor diferente): 1) Compostela antes de Santiago: as ocupacións da cidade e a súa contorna, dende a Prehistoria ata a Tardoantigüidade; 2) Orixe e desenvolvemento de Santiago na época medieval, do locus Sancti Iacobi á cidade de Compostela; 3) Da cidade medieval á barroca, coas transformacións que se producen na época moderna, pero tamén coas pervivencias durante ese período; e 4) Santiago na Idade Contemporánea, coa decadencia da cidade e a súa recente designación como capital de Galicia. Os catro autores sintetizan os estudos e aproximacións previos sobre a historia da cidade, ofrecendo un panorama xeral, así como un estado da cuestión; pero tamén incorporan nalgúns casos reflexións sobre cuestións que aínda resultan polémicas, debido á ausencia de datos sobre determinados períodos. En cada sección preséntase a visión da cidade, atendendo a diversos aspectos: o compoñente humano natural e inmigrado; a organización social; os recursos materiais e as actividades económicas que a vinculaban co ámbito rural e con outros mercados; a dimensión eclesiástica; a súa importancia cultural (sobre todo dende a creación da Universidade); e a súa faceta político-administrativa
![]()
