«O culto de S. Tiago e a difusão do padroado apostólico compostelano na fronteira meridional da "Grande Galiza" (séc. X-XI)»


Autor De Gouveia, Mário

Título O culto de S. Tiago e a difusão do padroado apostólico compostelano na fronteira meridional da "Grande Galiza" (séc. X-XI)

Título revista/libro Iacobvs. Revista de Estudios Jacobeos y Medievales

Año 2012

Volumen 31-32

Páginas 71-99


Resumen
Analiza a difusión do culto ao Apóstolo na bisbarra coimbrá e, por extensión, nas rexións do condado portucalense, entre o Douro e o Vouga. Neste proceso identifica dúas fases. Na primeira, durante o século IX, o novo culto atopa unha certa resistencia por parte da poboación mozárabe, cuxa devoción ficaba enraizada nos cultos dos mártires visigodos. A segunda fase, cando Santiago foi xa asimilado por parte da monarquía asturleonesa, está marcada polo episodio da reconquista de Coímbra por parte de Fernando I e a lenda sobre a intervención milagreira do Apóstolo, que recollen a Crónica silense, a Crónica naxerense, o Codex Calixtinus e as crónicas de Lucas de Tui e de Ximénez de Rada. Neste caso chama a atención como as fontes portuguesas, representadas polos Anais de San Mamede de Lorvão, omiten ese episodio, do mesmo xeito que as vacilacións que esas mesmas fontes ofrecen no referido á data da conquista -por exemplo, os Anais de Santo Tirso de Riba de Ave-, estarían indicando unha posterior apropiación e reinterpretación, por parte delas, do milagre xacobeo. A nova data do 25 de xullo, que se lles adxudica ao prodixio e á conquista, suporía, así, a aclimatación definitiva de Santiago nesa zona de Portugal, ocupando ás veces o lugar que lle pertencera ao mártir San Cristóbal

Loading