«Para uma linhagem do feminino: a Dama, a Dona e a Sóror»
Autor Dal Farra, Maria Lucía
Título Para uma linhagem do feminino: a Dama, a Dona e a Sóror
Título revista/libro Estudos Portugueses e Africanos
Año 2004
Volumen 43-44
Páginas 7-27
Resumen
Tras anunciar na primeira nota a desaparición da revista, a autora analiza dúas lendas presentes no Livro de linhagems do conde Don Pedro, a da Dama Pé-de-Cabra e a de Dona Marinha. Ambas mulleres proceden dun universo pagán, máxico e transgresor, e a súa unión con mortais dá orixe a unha linaxe. A primeira muller, perfecta en todos os sentidos, agás unha deformidade nun pé, imponlle ao esposo unha condición que supón negar a Igrexa e tras a súa fuxida cando el rompe o pacto, deixa na familia unha semente de discordia «mulheres não confiáveis, a das insubordinadas, das insurrectas» (p. 9): Eva que compromete todo o xénero feminino. O outro modelo, Dona Marinha, é cazada como un animal e manifesta a súa oposición á orde negándose a falar;só cando ve ameazada a vida de seu fillo, fala e así se reintegra naorde cristiá. Ambos modelos sérvenlle de preámbulo á análise dunha obra do s. XVII, as cartas de amor dunha relixiosa, Mariana Alcoforado
![]()
