«O vituperium feminino: a cualificación da peideira nas cantigas de escarnio»
Autor Corral Díaz, Esther
Título O vituperium feminino: a cualificación da peideira nas cantigas de escarnio
Otros autores org. J. C. Ribeiro Miranda - rev. R. da Câmara Silva
Título revista/libro En Doiro antr'o Porto e Gaia. Estudos de Literatura Medieval Ibérica
Ciudad Porto
Editorial Estratégias criativas
Año 2017
Páginas 367-379
Colección Estudos Medievais, 5
Resumen
Logo dunhas breves consideracións sobre os conceptos de misoxinia e vituperio, o traballo céntrase nas alusións contidas na lírica galegoportuguesa ás ventosidades e á muller peideira. O motivo ten longa tradición, que remonta á literatura clásica e pasa polos fabliaux e o trobadorismo occitano. Deste último propóñense como exemplos tres pezas: un partimen entre Arnaut Catalan e Raimon Berenguer IV de Provenza, a tenso entre Arnaut Catalan e Afonso X e mais unha cobla anónima. Na poesía galegoportuguesa o motivo das ventosidades aparece en dez textos e vincúlase ao campo sémico do obsceno. Dentro dese corpus, e tras repasar a recorrencia do vocábulo peideira na tradición trobadoresca peninsular, analízanse as cantigas Covilheira velha, se vos fezesse de Afons’Eanes do Coton, Dona Ouroana, pois já besta avedes de Johan Garcia de Guilhade e Maria Negra vi eu, en outro dia de Pero Garcia Burgalês. Nas tres descóbrense relacións intertextuais, tanto no aspecto rimático, como no léxico e mesmo temáticas, posto que nelas se satiriza a mulleres de condición social baixa e se asocia a ventosidade ao acto sexual
![]()
