«Acerca de la catalogación de las tenções gallego-portuguesas»
Autor Corral Díaz, Esther
Título Acerca de la catalogación de las tenções gallego-portuguesas
Título revista/libro Cultura Neolatina
Año 2014
Volumen LXXIV
Páginas 181-201
Resumen
Tras salientar a relativa escaseza dos xéneros dialogados no conxunto da lírica románica, a autora traza unha tipoloxía deste tipo de composicións no seo da lírica galegoportuguesa. Para iso recorre a tres categorías de fontes: os tratados poéticos contemporáneos, as alusións metaliterarias do propio corpus poético e as das rúbricas explicativas dos cancioneiros. Dentro deste marco metodolóxico, aborda cuestións como a existencia das tres variedades de tenzón -de amor, amigo e escarnio e maldicir-, que menciona a Arte de trobar do cancioneiro da Biblioteca Nacional. Neste particular, conclúe a existencia de tenzóns de amor, mentres que as de amigo son máis incertas. A partir dos datos deste tratado fragmentario, confrontados cos das outras fontes, sinala que os contemporáneos tiñan conciencia de que ese xénero poético existía, aínda que non procederon a unha clasificación exhaustiva das cantigas que o conformaban. Esta última cuestión sería mesmo proxectable ao labor da crítica actual, que tampouco non conseguiu a fixación definitiva do corpus. Ao longo do texto alúdese a cantigas de Afonso Sanchez, Vasco Martins, Pero Garcia Burgalês, Johan Soarez Coelho, Johan Garcia de Guilhade, entre outros autores
![]()
