«El animal guía en la literatura castellana medieval. Un primer sondeo»
Autor Conte, Filippo
Título El animal guía en la literatura castellana medieval. Un primer sondeo
Otros autores coord. C. Alvar
Título revista/libro Estudios de literatura medieval en la Península Ibérica
Ciudad San Millán de la Cogolla
Editorial Cilengua
Año 2015
Páginas 463-479
Resumen
Toma como punto de partida o ensaio de Carlo Donà sobre o devandito tema na literatura europea e céntrase en textos hispánicos, que non tiveron cabida nesa obra. Examina o motivo do animal guía na súa proposta máis sinxela, que está presente en numerosas obras: a da caza que leva o heroe a separarse do grupo e que permite o desenvolvemento da acción. O animal guía (cervo, can, paxaro, etc.) está ligado aos antigos mitos de asentamento, que na literatura relixiosa enlazan coa edificación de templos, o achado de tumbas e de eremitas. O desenvolvemento da caza amorosa fai do animal guía un medio para chegar ata unha fada (en ocasións un demo) ou cruzar un vao (as portas cara a un alén). Intervén tamén nos raptos feéricos, levando o heroe cara á fada ou conducíndoo fóra do reino máxico. O corpus tratado inclúe o Poema de Fernán González, Zifar, Partinuplés, Sendebar, o Caballero del Cisne, o Cuento del Emperador Carlos Maynes, as Cantigas de Santa Maria, o Libro de los exemplos por a.b.c., os Siete sabios de Roma, entre outros, como mostra da dilatada presenza do motivo na literatura castelá medieval
![]()
