«The Geometry of Rhetoric and Action. Six Very Brief Essays»


Autor Cohen, Rip

Título The Geometry of Rhetoric and Action. Six Very Brief Essays

Título revista/libro Virtual Center for the Study of Galician-Portuguese Lyric

Año 2013

Volumen 1

Enlace https://blogs.commons.georgetown.edu/cantigas/files/2013/07/The-Geometry-of-Rhetoric-and-Action-11.pdf


Resumen
O autor propón seis achegamentos á poética da cantiga de amigo a partir do concepto da espacialización do tempo. Este consiste na representación de unidades temporais, durante a performance e a recepción da cantiga, a través dun xogo de repeticións e variacións, co que se deseña a xeometría da estrofa e que supón a confluencia de elementos retóricos e pragmáticos. No primeiro dos traballos que inclúe o presente artigo, «The Geometry of Action in Nuno Porco 1», analízase a cantiga para observar como se dosifica a revelación de nova información ao longo da lectura, de tal xeito que no comezo se ofrece moita e logo se ralentiza o desenvolvemento da acción ao reter a transmisión de datos claves ata o final de cada estrofra e da mesma composición. O mesmo enfoque, aplicado en «Erotic Jurisdiction: Pragmatics and Metaphor in Dinis 40», descobre como o texto -Ma madre velida- desenvolve unha historia de reconciliación entre os amantes (ou pax), ao xeito do que sucedía na cantiga anterior de Nuno Porco. En «Which One is He? Maternal Power in Nuno Fernandez Torneol 8», analízase Dizede m'ora filha, por Santa Maria, cantiga de amigo na que dialogan a nai e mais a filla. Nela agroman cuestións sociais, pois a nai condiciona a súa aceptación na relación amorosa á posibilidade de que o amigo sexa un cabaleiro e, daquela, mellore o status social da súa filla. En «Story and Plot in Pero d'Ornelas 1», estúdanse as estrategias comunicativas de Avedes vós, amiga, guisado, cantiga na que interveñen catro personaxes, dúas mozas e dous amigos. «The Riddles of Fernan Rodriguez de Calheiros 1», que se centra en Perdud'ei, madre, cuid'eu, meu amigo, aborda o tema da ruptura amorosa e a falta cometida pola amada. E, por último, «I Said He'd Lose Me: Syntax and Script in Pero de Berdia 3 and Dinis 51», dilucida o significado de Deu-lo sabe, coitada vivo mais ca soía de Pero de Berdia, comparándoa con Vai s'o meu amig'alhur sen mi morar de Don Dinis

Loading