«aaBBB: The Strophic Form of Fernan Rodriguez de Calheiros 7»


Autor Cohen, Rip

Título aaBBB: The Strophic Form of Fernan Rodriguez de Calheiros 7

Título revista/libro Revista Galega de Filoloxía

Año 2016

Volumen 17

Páginas 33-51


Resumen
Propón una nova estrutura estrófica para «Madre, passou per aquí un cavaleiro» (B623 / V233), que ata o de agora foi editada cun refrán de cinco versos e, daquela, segundo un esquema aaBBBBB. O autor considera que o refrán, en realidade, está constituído por un primeiro verso con rima interna; un verso intermedio, que retoma a medida silábica dos versos do corpo da cantiga; e un derradeiro verso, que é unha repetición literal do primeiro. Para basear a proposta, analiza a estrutura dos refráns das cantigas de amigo, xénero ao que pertence a presente cantiga, salientando, por unha banda, que non existen entre elas refráns de cinco versos, e documentando, por outra, algunhas das técnicas empregadas por Calheiros na súa peza. Así, por exemplo, a presenza de versos intermedios máis longos que os versos exteriores do refrán e que igualan ou superan nunha sílaba os versos do corpo da estrofa. Tamén mostra casos de refráns de tres versos, nos que se repite o primeiro. Igualmente, revisa a utilización de rimas internas e comproba como estas tenden a atoparse en cantigas de amigo co esquema aaB e, por extensión, aaBBB e aaaBB. Tales técnicas compositivas de Calheiros achéganse ás que se atopan na poesía de Lopo Lias e, tamén, contempláse a posibilidade dunha procedencia árabe. A sección final do traballo ofrece exemplos de cantigas de varios autores, como Pero Garcia Burgalês, Pero de Berdia, Pero Meogo, Pero de Veer, etc

Loading