«Life, Pilgrimage and Women in Alfonso X's Cantigas de Santa María»
Autor Chico Picaza, María Victoria
Título Life, Pilgrimage and Women in Alfonso X's Cantigas de Santa María
Otros autores C. A. González-Paz
Título revista/libro Women and Pilgrimage in Medieval Galicia
Ciudad Surrey (UK) - Burlington (USA)
Editorial Ashgate
Año 2105
Páginas 145-153
Colección Compostela International Studies in Pilgrimage History and Culture
Resumen
A partir das miniaturas do Códice Rico e do Códice de Florencia a autora estuda a condición da muller no século XIII e como foi representada polo scriptorium afonsí. Salienta que a muller ten unha presenza moi importante na iconografía das Cantigas, que, por exemplo, no códice escurialense atinxe o setenta e tres por cento das viñetas. A análise repasa diversos tipos femininos recoñecibles nas miniaturas, comezando pola propia Virxe María, á que se lle aplican os mesmos problemas e actitudes dunha muller de carne e óso. Entre estes, os que se derivan da súa condición de nai e de esposa ou os celos ante a falta de fidelidade dos seus devotos. A última parte do traballo céntrase na iconografía das mulleres peregrinas e viaxeiras e dos lugares aos que estes personaxes se dirixen ou atravesan. Nestas imaxes destaca a representación da muller nun espazo alleo ao do ámbito doméstico, o que vai acompañado pola xestualidade e posición lateral, que indicaría movemento e marcha
![]()
