«A antiga cota do Cancioneiro da Ajuda»
Autor Cepeda, Isabel
Título A antiga cota do Cancioneiro da Ajuda
Otros autores M. A. Ramos - T. Amado
Título revista/libro À volta do Cancioneiro da Ajuda. Actas do Colóquio «Cancioneiro da Ajuda (1904-2004)»
Ciudad Lisboa
Editorial IN-CM
Año 2016
Páginas 61-70
Resumen
No contexto do actual interese pola identificación dos posuidores antigos dos livros, a autora interrógase acerca da procedencia da sinatura «A. 5. n 47», presente no Cancioneiro da Ajuda. A devandita sinatura é considerada semellante a outras do século XVII e enviaría a unha colección de certa entidade. Analízanse os posibles posuidores que xa se teñen propostos (como Manuel Severim de Faria, D. Teutónio de Bragança, D. Teodósio de Bragança, algunha biblioteca dos Xesuítas e o Colégio dos Nobres), de modo que son descartadas algunhas hipóteses e, pola contra, confírmanse determinados datos. Salíentase a necesidade de realizar un traballo de pescuda profunda sobre este asunto, que teña en consideración os fondos da Biblioteca Pública de Évora onde apareceron alguns folios do Cancioneiro da Ajuda que estiveron extraviados
![]()
