Cantigas medievais galego-portuguesas: Corpus integral profano
Título Cantigas medievais galego-portuguesas: Corpus integral profano
Editor coord. Graça Videira Lopes
Ciudad Lisboa
Editorial Biblioteca Nacional de Portugal; Instituto de Estudos Medievais; Centro de Estudos de Sociologia e Estética Musical
Año 2016
Volumen 2 vols
Páginas 644 + 655
Resumen
Edición das cantigas trobadorescas galego-portuguesas, cada unha delas acompañada dun esquema informativo (proporciónase, por exemplo, o número de cantiga no manuscrito, o xénero e aspectos retóricos e da estrutura compositiva mediante un descritor: refrán, paralelística, palavra perduda, finda, ateúda, cobras singulares, etc.). A edición dos textos vai precedida dun estudo introdutorio en que se ofrecen informacións sobre os manuscritos, os autores, os xéneros e a música. En apartados sucesivos, trátase tamén dos criterios de edición textual e musical adoptados no traballo. A parte final do segundo volume presenta unha sucesión de anexos: «Anexo I – Duas Cantigas de Santa Maria de Afonso X» (pp. 577-578) recolle a edición das cantigas Deus te salve, Gloriosa (B467, E40, To 30) e Falar quer’eu da senhor bem cousida (B 468); «Anexo II – Cantigas espúrias» (pp. 579-587) agrupa as cantigas de confección posterior á época trobadoresca que se reproducen nos cancioneiros B e V; «Anexo III – Trovadores cuja obra se perdeu» (p. 589) consiste nunha lista de trobadores: a súa obra non se conserva pero os seus nomes coñécense grazas á súa mención na parte inicial da Tavola Colocciana; «Anexo IV – Arte de Trovar» (pp. 591-595) consiste na edición do fragmento da poética galego-portuguesa; «Anexo V – Versões musicais» (pp. 597-611) é unha edición musical tanto das melodías orixinais das cantigas de amigo de Martin Codax e das cantigas de amigo de Don Dinis, como dunha serie de contrafacta
![]()
