«Cuando la métrica habla. La influencia occitana en los trovadores gallegos a través de la contrafacción»
Autor Camprubí Vinyals, Adriana
Título Cuando la métrica habla. La influencia occitana en los trovadores gallegos a través de la contrafacción
Otros autores org. J. C. Ribeiro Miranda - rev. R. da Câmara Silva
Título revista/libro En Doiro antr'o Porto e Gaia. Estudos de Literatura Medieval Ibérica
Ciudad Porto
Editorial Estratégias criativas
Año 2017
Páginas 315-322
Colección Estudos Medievais, 5
Resumen
Parte da consideración da imitación, durante a Idad Media, como un medio de creación literaria que gozaba de gran prestixio, pero tamén ten en conta a concepción polisistémica da literatura, de acordo coas propostas de Itamar Even-Zohar. Este último modelo teórico atende tanto á condición dinámica dos sistemas literarios, como ás relacións que se establecen en diferentes sistemas, o que resulta moi útil á hora de estudar a contrafacción como un aspecto das relacións establecidas entre os trobadores galegoportugueses e os occitanos. En concreto, a autora centra o seu interese na adopción, por parte dos trobadores peninsulares, de esquemas métricos e melódicos occitanos, no marco da que denomina como imitación connotativa, é dicir aquela que reflicte a intención do autor. Estas consideraciones teóricas exemplifícanse con dúas cantigas: Quer’eu en maneira de proençal de D. Dinis, que sería un contrafactum de Plus que·l paubres, quan jai en ric ostal de Peire Vidal; e Sénher, ara ie·us vein querer, cantiga dialogada entre Arnaut Catalan e Afonso X, que toma como modelo Can vei la lauzeta mover de Bertran de Ventadorn, quizais a través de Baudoyn il sui dui amant, peza na que dialogaban Thibaut de Champagne co citado Baudoyn. Así mesmo tómanse en consideración as observacións que sobre os contrafacta reproducen dous tratados de lírica trobadoresca: a Arte de trobar do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e a Doctrina de compondre dictats
![]()
