«Reyes, nobles y frontera. Entre la violencia y el parentesco en el espacio fronterizo galaico portugués (siglo XII-XIII)»
Autor Calderón Medina, Inés
Título Reyes, nobles y frontera. Entre la violencia y el parentesco en el espacio fronterizo galaico portugués (siglo XII-XIII)
Título revista/libro Cuadernos de Estudios Gallegos
Año 2017
Volumen LXIV
Fascículo 130
Páginas 91-117
Resumen
A consolidación do condado Portucalense e o nacemento do reino de Portugal provocaron o xurdimento dunha fronteira política no espazo galego, que alterou as relacións entre a nobreza desas bisbarras arraianas e entre eses nobres e os respectivos monarcas. Ese novo ámbito xeográfico configurouse a partir dos enfrontamentos entre as diversas liñaxes e os reis, as súas alianzas -a miúdo seladas por medio de casamentos-, os conflitos entre os dous reinos veciños e a necesidade dos monarcas de pactar coa aristocracia. Tendo en conta, ademais, a presenza dun terceiro poder, o señores eclesiásticos, así mesmo con forte implantación na zona. O repaso a esas relacións flutuantes lévase a cabo co apoio da documentación e dos relatos historiográficos, como a Chronica Adephonsi imperatoris ou os Annales D. Adephonsi portugalensis rex. Alúdese a liñaxes como os Traba, os Celanova-Pombeiro, os Limia-Novoa, os Soverosa ou os Toronho-Montor
![]()
