«Ferrol no século XIV. As crónicas medievais de Fernando Lopes e Jean Froissart»


Autor Burgoa Fernández, Juan J.

Título Ferrol no século XIV. As crónicas medievais de Fernando Lopes e Jean Froissart

Título revista/libro Estudios Mindonienses. Anuario de Estudios Histórico-Teológicos de la Diócesis de Mondoñedo-Ferrol

Año 2011

Volumen 27

Páginas 575-588


Resumen
O traballo comeza cun repaso aos enfrontamentos que provou a guerra civil entre Pedro I de Castela e seu irmán Henrique de Trastámara e que se prolongaron ata finais do século XIV. Faise especial incidencia en como repercutiron esas guerras en Galicia e máis en concreto en Ferrol, que era vila de reguengo e que en 1371 foi cedida por Henrique II ao conde Fernán Pérez de Andrade. A unha breve descrición do Ferrol da época séguelle o relato do ataque que en 1384 levou a cabo unha armada portuguesa contra a cidade. Tal episodio inclúese na Crónica de D. João I de Fernão Lopes, quen conta como a localidade quedou arrasada polo lume. Pola súa banda, a Crónica de Jean Froissart narra o ataque que tres anos máis tarde efectuou contra O Ferrol o condestable Nuno Álvares Pereira, durante unha campaña que, partindo do Porto, levou o exército portugués ata o norte de Galicia. O traballo remata co tratamento que estes acontecementos bélicos recibiron por parte da historiografía galega dos séculos XIX e XX

Loading