«Armenia Jacobea»
Autor Buide del Real, Francisco J.
Título Armenia Jacobea
Título revista/libro Compostelanum. Estudios Jacobeos
Año 2015
Volumen LX
Fascículo 3-4
Páginas 593-643
Resumen
Traballo dedicado ao desenvolvemento do culto xacobeo, en especial, no territorio armenio, con atención ás fontes haxiográficas, que apoian o culto a Santiago o Maior por parte da comunidade armena de Xerusalén, así como ás referencias arqueolóxicas. Ademais, son referidos varios casos de peregrinos: o primeiro caso exposto defínese como unha das referencias máis antigas de devoción xacobea en Armenia no século XIII e encóntrase no relato da viaxe por Asia Central de Guillerme de Rubruck, de 1253 a 1255, onde se fai referencia a un monxe armeno con vontade de ir en peregrinación a Compostela. O segundo caso referido é o do rei León V de Armenia, de quen se sabe que peregrinou ata Santiago a través da crónica do monxe franciscano Juan Dardel. O terceiro peregrino armeno referido corresponde ao bispo Mártir de Arzendjan; o relato da súa viaxe forma parte do ms. apógrafo 65 (datado en 1684) da Bibliothèque du Roi. Engádese como excepcional a nova dun cuarto viaxeiro armeno, San Simeón, que se dirixiu a Xerusalén, e desde alí viaxou en peregrinación a Roma e Santiago
![]()
