«Aspectos sanitarios de las peregrinaciones a Santiago de Compostela a partir del Códice Calixtino»
Autor Bugarín González, Rosendo - Diz Franco, Alejo
Título Aspectos sanitarios de las peregrinaciones a Santiago de Compostela a partir del Códice Calixtino
Título revista/libro Compostellanum
Año 2014
Volumen LIX
Páginas 409-426
Resumen
Os autores estruturan a súa análise como un repaso polos cinco libros que constitúen o Liber Sancti Jacobi, identificando en cada un deles a presenza de referencias ao eido da saúde. Destes cinco libros destacan, pola riqueza das súas informacións, o primeiro e o quinto. No primeiro atópanse alusións ás doenzas máis comúns entre os peregrinos; ás medidas terapéuticas coas que combater esas enfermidades; ou ás autoridades médicas mencionadas polo Liber, a maioría pertencentes á tradición clásica (Galeno, Dioscórides, Hipócrates, entre outras). Pero tamén se atende á picaresca sanitaria, que se manifesta tanto en falsos doentes, que se aproveitaban cos seus enganos da caridade e a hospitalidade do Camiño, como en impostores que se facían pasar por médicos ou farmacéuticos. Do libro segundo, os autores salientan varios milagres nos que o Apóstolo cura a enfermos, cuxos argumentos se desenvolven, mentres que a análise do libro quinto se centra na asistencia hospitalaria ao longo do Camiño e nos hábitos de saúde pública que se adoptaban na época, como o lavado ou a alimentación. Conclúese que, a pesar de que o Liber Sancti Jacobi proporciona unha información moi básica do mundo da medicina, destaca pola variedade dos datos que contén
![]()
